Un ano máis, este 8 de marzo vaise celebrar en todo o mundo do
Día internacional da muller traballadora, e, un ano máis, vai ser unha
data para a conmemoración, pero tamén para a denuncia e reivindicacións.
As mulleres representan máis da metade da poboación e, a pesar da súa
paulatina incorporación ao mercado laboral e aos eidos político e
empresarial, seguen a estar infrarrepresentadas respecto ao xénero
masculino. Queda moito camiño por andar.
Ademais, a raíz da crise, coas incansables e inxustas políticas
de recortes que se viñeron impoñendo, aínda que todos os traballadores
saíron prexudicados, as mulleres como xa tiñan un punto de partida peor
tamén neste caso foron as grandes vítimas. A reforma laboral destruíu
emprego e empeorou as condicións laborais pero moito máis no caso das
mulleres. A isto se lles suman os recortes en materia de sanidade,
educación ou dependencia que tamén afectan dun xeito moi negativo ás
mulleres.
No seguinte enlace tedes un montón de material para traballar e conmemorar esta data.