Páginas

miércoles, 17 de junio de 2020

VACACIÓNS

💚Bos días a todos e a todas, chegamos ao último día de tarefas diarias neste blog. Hoxe xa foi a avaliación  e xa está todo feito. 
Estou moi contenta co voso traballo e co esforzo feito nestes meses. Sei que foi moi difícil para todos e todas, pero vos fixéchelo de marabilla.
😊Parabéns!

💛Eu persoalmente, dicirvos que me sinto moi orgullosa do ben que vos adaptaches a esta nova situación que desde logo sinxela non foi, como conseguiches organizarvos e como con constancia e esforzo fixeches este traballo diario. 
Acordádevos cando comezamos que eu vos dixen que iades ser un moi bo grupo, pois ...conseguímolo todos e todas xuntas, como o equipo que somos, axudándonos entre nós, unindo os nosos esforzos e sendo moi responsables. Parabéns campións!

💜Gozade deste merecido verán e moitos bicos e apertas.💚💛


💦Familias grazas pola vosa colaboración, dedicación e apoio en todo momento. Tivemos unha boa comunicación entre nós,e iso é a mellor base para conseguir avanzar coa educación dos vosos fillos e fillas. Grazas por facer fácil un proceso tan difícil como é a educación. 
Que teñades un moi bo verán. 💦

Deíxovos algo de traballo para non perder a rutina, o verán é moi longo e temos tempo para todo,para divertirnos e para seguir repasando.E leede moito!

CUADERNO VACACIONES
LENGUA CASTELLANA

 
GALEGO


MATEMÁTICAS